Yauvana Yoga Studio é unha iniciativa orientada á mellora da calidade de vida e ao crecemento persoal do ser humano.
Este proxecto nace co obxectivo de ser un referente para todas aquelas persoas que desexen desenvolver o seu potencial e mellorar a calidade de vida a nivel integral.
Como CEO de Yauvana Yoga Studio dende 2017, son instrutora de ioga certificada pola Xunta de Galicia; profesora de ioga integral, meditación & mindfulness certificada pola Yoga Alliance, profesora de ioga para a infancia e a adolescencia e instrutora de ximnasia hipopresiva.
Ao longo de varios anos profundicei en como funciona o corpo humano certificándome en anatomía/fisioloxía e patoloxía, cadeas musculares, solo pélvico/embarazo & post-parto.
O meu obxectivo:
Empoderar ás persoas para que sexan máis conscientes do seu corpo, a súa respiración, a súa psique, as súas emocións, os seus hábitos, a súa hixiene postural, aprender a escoitarse a si mesmas e desenvolver todo o seu potencial para vivir unha vida plena na que a felicidade é unha elección.
Linguas nas que te podes comunicar comigo:
Galego, español, inglés, francés e italiano.
“As palabras non poden transmitir o valor do ioga, hai que experimentalo”
B.K.S. Iyengar